Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Poden acceder a elas as persoas que teñan nos seus domicilios un composteiro individual

- O Concello dispón de seis destas máquinas que foron adquiridas a través do Plan Revitaliza

 

Valga, 31 de agosto de 2021.

Dende hoxe os veciños de Valga adscritos ao programa municipal de compostaxe poden solicitar no Concello o préstamo gratuíto de máquinas trituradoras de restos vexetais. A ordenanza reguladora deste servizo está xa en vigor, logo de que o Boletín Oficial da Provincial publicara hoxe mesmo a súa aprobación definitiva.

A través deste servizo o Concello quere fomentar unha correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito municipal contribuíndo, deste xeito, a eliminalos do circuíto de recollida do lixo, a reducir o número de queimas e minimizar o risco de incendio e contaminación ambiental, e a obter un produto de valor engadido para o programa de compostaxe, no que os restos triturados destas podas e limpezas domésticas poden ser empregados como material estruturante.

O Concello dispón de seis minitrituradoras que foron adquiridas a través do Plan Revitaliza, financiado conxuntamente coa Deputación. O seu emprego limitarase a persoas físicas veciñas de Valga, para un uso particular e privado e sempre dentro dos límites territoriais do concello. Para optar ao préstamo é preciso contar cun composteiro individual no domicilio e cubrir unha folla de solicitude que está dispoñible tanto nas oficinas municipais coma na páxina web do Concello (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes).

O emprego da maquinaria limitarase ao triturado de restos leñosos procedentes de podas domiciliarias: ramas de árbores froiteiras e ornamentais, viña ou restos de xardinería. A duración do préstamo será, como máximo, de tres días e á súa finalización realizarase unha revisión da trituradora para comprobar o seu estado e funcionamento.

Ademais, dende a Oficina de Compostaxe do Concello lémbrase aos veciños que aínda non dispoñen de composteiro doméstico, que poden solicitalos nas oficinas municipais e que teñen un carácter gratuíto. Con eles contribuirán a unha mellor xestión dos residuos orgánicos xerados nos municipio e poderán producir abono natural para as súas hortas e xardíns.

Nos centros de compostaxe comunitaria da Avenida da Coruña e da rúa Doutor de Oya Salgueiro tamén hai compost dispoñible para o seu uso por parte dos veciños que o precisen.

Minitrituradora

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver