Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A persoa seleccionada inicialmente presentou a súa renuncia ao posto

- Os interesados en optar á praza deben presentar as súas solicitudes antes do luns ás 10 horas

 

Valga, 20 de agosto de 2021.

O Concello abre un proceso urxente para a selección dun capataz para a brigada de loita contra os incendios forestais. Isto é debido á renuncia presentada pola persoa seleccionada inicialmente para o posto.

Para optar á praza requírese algunhas das seguintes titulacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Tamén é necesario o carné B.

As persoas interesadas teñen de prazo para presentar as súas solicitudes ata o luns, 23, ás 10 horas a través da Sede Electrónica ou presencialmente no rexistro do Concello. As solicitudes deben acompañarse da seguinte documentación:

  • Copia do DNI
  • Diplomas de cursos
  • Tarxeta de desemprego
  • Copia do carné de conducir B
  • Copia da titulación necesaria
Volver