Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aspirantes poden presentar as súas solicitudes e currículos entre hoxe e o luns

- A selección realizarase mediante concurso de méritos, que incluirá unha proba práctica e unha entrevista persoal

 

Valga, 19 de agosto de 2021.

O Concello vén de aprobar as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral temporal, dun carpinteiro ou ebanista. A contratación será a tempo completo, por obra ou servizo, cunha duración inicial de seis meses.

Os candidatos deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, do Texto Refundido do Estatuto Básico do Emprego Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estaturarios das comunidades autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

A selección do traballador realizarase mediante concurso de méritos, que constará dunha proba práctica e unha entrevista persoal. Os aspirantes dispoñen de tres días naturais –entre hoxe e o luns– para presentar no rexistro do Concello as súas solicitudes e currículo, xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI
  • Tarxeta de demanda de emprego
Volver