Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A pista entre o campo da festa de Campaña e a Mina Mercedes terá restrinxido o tráfico durante esas xornadas

- Só poderán acceder os residentes e os vehículos agrícolas que vaian pasar a revisión

ITVAgrícolas

Valga, 6 de agosto de 2021.

A estación móbil de ITV de Vehículos Agrícolas, que estará en Valga a próxima semana entre os días 9 e 12, cambia de emprazamento e trasládase fronte á empresa Distribuciones Lema.

Por este motivo, a estrada municipal que discorre polo lugar da Torre entre o campo da festa de Campaña e a Mina Mercedes terá restrinxido o tráfico durante esas xornadas. Unicamente poderán acceder os vehículos agrícolas que vaian pasar a ITV e máis os residentes na zona. Estes últimos só poderan circular ata a altura da última vivenda, quedando o resto da pista para uso exclusivo da ITV.

Estas limitacións só estarán en vigor durante o horario de apertura da estación: de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas.

O Concello pide desculpas aos veciños e usuarios desta estrada polas molestias que esta circunstancia lles poida causar.

Volver