Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os bares inscritos son Caprichos, Maneiro, Potel, Couceiro, Auditorio, Pardal e Praia Fluvial de Vilarello

- Os petiscos poderán degustarse gratis coas consumicións os días 21, 22, 28 e 29 de agosto

Tapa Anguía21 Web

Valga, 6 de xullo de 2021.

A Ruta-Concurso “Tapa a Anguía”, que o Concello convoca anualmente dentro da programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, xa ten establecementos participantes. Serán Pastelería Caprichos, Bar Maneiro, Bar Potel, Café-Bar Couceiro, Cafetería Auditorio, Bar Pardal e Praia Fluvial de Vilarello.

Esta será a oitava edición desta iniciativa, coa que se quere promocionar un dos produtos estrela da festa, a anguía, e incentivar o consumo nos locais de hostalería do municipio. O Concello será o encargado de facerlles chegar a anguía xa limpa para que poidan preparar as tapas.

A ruta prolongarase durante as dúas últimas fins de semana do mes de agosto. O apartado de concurso celebrarase unicamente os días 21 e 22, mentres que na seguinte fin de semana (días 28 e 29) tan só haberá degustación. Os petiscos serviranse de xeito gratuíto coas consumicións os sábados en horario de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 e os domingos de 12:00 a 15:00 horas.

O público decidirá cos seus votos cales son os locais gañadores dos Mandís de Ouro, Prata e Bronce. Para participar na votación é preciso reunir os selos dos bares participantes despois de degustar as súas tapas e introducir a papeleta nas urnas habilitadas ao efecto. Entre todos os participantes sortearanse dez vales de 30 euros cada un para gastar no comercio local.

Tamén se manterá o xurado profesional, que será o encargado de elixir a tapa que se degustará o vindeiro ano na Festa da Anguía.

TapaAAnguía21

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver