Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Durante décadas exerceu coma funcionario municipal e técnico de Normalización Lingüística

- O cabodano celebrarase esta tarde ás 19:00 horas na igrexa de Cordeiro

 

Valga, 6 de agosto 2021.

O Concello de Valga lembra hoxe a José Ramón Rial Becerra cando se cumpre o primeiro aniversario do seu pasamento.

O goberno municipal, en representación de toda a Corporación, e os traballadores do Concello queren, deste xeito, honrar a memoria de “Mon”, tristemente falecido en agosto do pasado ano e enxalzar a súa valía persoal, coma compañeiro e amigo, e tamén profesional, coma funcionario e técnico do departamento de Normalización Lingüística, funcións que desempeñou durante décadas.

Esta tarde, ás 19:00 horas, na igrexa parroquial de Cordeiro celebrarase o cabodano.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver