Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Elaboraron nuggets de anguía e un postre que decoraron coa forma deste peixe

- Está aberto o prazo de inscrición no concurso Anguía Chef e no showcooking “A caña no prato”

MiniChefs1

Valga, 5 de agosto de 2021.

As actividades gastronómicas organizadas con motivo da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País inauguráronse onte cun obradoiro de cociña dirixido a nenos. Vinte pequenos chefs puxeron o mandil e o gorro de cociña para elaborar un menú composto por un plato salgado e un doce.

Seguindo as instrucións que lles marcaban os cociñeiros Fran Jamardo, Rocío Garrido e Coque Fariña, empregaron anguía, pataca cocida, ovos e fariña para dar forma a uns nuggets que despois rebozaron con cereais. Os cociñeiros encargáronse de fritilos e envasalos para que os nenos puideran levalos para as súas casas.

Despois chegou o turno do postre, o momento máis agardado polos rapaces. Con biscoito esmiuzado e queixo de untar deron forma a un doce con forma de anguía que despois decoraron con crema de cacao e virutas de chocolate.

O obradoiro, que se celebrou no Parque Irmáns Dios Mosquera, tivo unha duración de dúas horas. Ao seu remate todos os participantes recibiron un diploma.

Anguía Chef e showcooking

Esta actividade estaba integrada no Agosto Gastronómico organizado polo Concello e que ten como próximas citas o concurso Anguía Chef, dirixido a mozos de 13 a 18 anos, e o showcooking “A caña no prato”. O prazo de inscrición está aberto nos dous casos.

No certame Anguía Chef poden participar catro equipos integrados por catro participantes, que durante os días 11 e 18 de agosto competirán por ser os mellores cociñando anguía. No que respecta á demostración de cociña en directo, terá lugar o 13 de agosto. Prepararanse catro tapas realizadas con caña do país, que serán degustadas polos asistentes. As prazas están limitadas a 25.

As follas de inscrición para ambas actividades poden descargarse a través da ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes e deben entregarse debidamente cuberta no rexistro do Concello ou envialas ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

MiniChefs5 MiniChefs2

MiniChefs3 MiniChefs4

MiniChefs6

Volver