Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O certame, integrado na programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, reparte 700 euros en premios

- Os participantes teñen que solicitar nas oficinas municipais as botellas para as augardentes brancas, tostadas e de herbas

CataFinal44

Valga, 3 de agosto de 2021.

O Concello de Valga convoca un ano máis o Concurso da Caña do País, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra na última fin de semana de agosto.

Ao certame poden concorrer destiladores artesanais dados de alta no rexistro da Axencia Tributaria e que estean empadroados en Valga. Entre os mellores produtores repartiranse 700 euros en premios.

O concurso consta das tres modalidades habituais: caña branca, tostada e de herbas. Os interesados en participar deben acudir ás oficinas municipais a solicitar as botellas correspondentes e, despois, presentar os licores debidamente embotellados. O prazo permanecerá aberto ata as 14 horas do día 25 de agosto.

As catas das augardentes terán lugar os días 26 e 27 de agosto nas instalacións do Centro de Interpretación da Caña do País.

O produtor da mellor caña branca será gratificado con 300 euros, mentras que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 200 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo.

O vencedor de cada unha das modalidades quedará obrigado a vender ao Concello o garrafón da augardente premiada.

Bases do Concurso da Caña do País

Caña2021

 

Volver