Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Visitouna no seu domicilio de Coto acompañado polos concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo

- Agasallárona un ramo de flores e unha torta, na que soprou as candeas

Regina101 1

Valga, 27 de xullo de 2021.

Regina Grela Fernández, veciña de Coto (Campaña), celebra no día de hoxe o seu 101 aniversario. Como é costume cando os centenarios do concello cumpren anos, o alcalde, José María Bello Maneiro, visitouna no seu domicilio para felicitala. Nesta ocasión estivo acompañado polos concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo.

Os representantes municipais agasallárona, en nome de todos os valgueses, cun ramo de flores, unha torta e doces para celebrar esta data. Regina, que ten unha filla, catro netos e seis bisnetos e durante máis e 20 anos traballou na desaparecida fábrica de cerámica Novo y Sierra, recibiunos no porche, un espazo no que adoita pasar moito tempo, especialmente agora durante o verán.

Como é tradición, soprou as candeas. Aínda que a principal celebración do seu aniversario tivo lugar na fin de semana, cando se reuniu toda a familia. Iso si, mantendo as precaucións derivadas da pandemia. Había máis dun ano que non se xuntaban todos.

Regina Grela é a terceira veciña de máis idade de Valga, despois de María Bouzas, de Cerneira, con 105 anos e Hipólito Cerqueiras, de Moldes, que fai unhas semanas cumpriu 101.

 

Regina101 2 Regina101 3

Regina101 4

Volver