Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A acción formativa, que se enmarca no Plan AFD da Consellería de Economía e Emprego, foi solicitada polo Concello

- O alcalde e a concelleira Carmen Gómez visitaron esta mañá ao alumanado e interesáronse polo desenvolvemento da actividade

curso20

Valga, 27 de febreiro de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, visitaron este mediodía ao alumnado do curso de “Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de equipos eléctricos e electrónicos”, que dende comezos de febreiro e ata finais do mes de maio se imparte no CODI e no que participan doce persoas desempregadas, sete delas de Valga. A acción formativa, que foi solicitada polo Concello, enmárcase no Plan AFD da Dirección Xeral de Formación da Consellería de Economía e Emprego e Industria.

O curso, de 408 horas de duración, está formado polos módulos de ensamblado e conexionado de compoñentes en equipos eléctricos e electrónicos, prevención de riscos laborais e medioambientais nas operacións auxiliares de montaxe e mantemento de equipos eléctricos e electrónicos e operacións auxiliares no mantemento de equipos eléctricos e electrónicos. O programa formativo inclúe tamén módulos de inserción laboral e de igualdade. Ademais da formación teórica, resérvanse 80 horas para prácticas profesionais non laborais, que se desenvolven tamén nas dependencias do CODI.

A acción formativa axudará aos participantes en situación de desemprego a reorientar a súa traxectoria profesional, tendo en conta que ningún dos alumnos tivera anteriormente relación profesional algunha cos campos da electricidade ou da electrónica, e incrementará as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.

curso10

Volver