Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A representación tivo lugar esta mañá no recinto do colexio Baño-Xanza

- O aforo estivo limitado a cincuenta persoas por motivos de seguridade sanitaria

RosalíaTeatro1

Valga, 23 de xullo de 2021.

Os nenos que participan nas actividades da Escola de Verán e os usuarios do CODI asistiron esta mañá á representación teatral “Rosalía”, unha obra que retrata a vida infantil da escritora no momento en que ten que trasladarse dende Padrón a Santiago.

O espectáculo, producido por Culturactiva e protagonizado por Cristina Collazo e Rocío González, ofreceu unha visión diferente da autora de “Cantares gallegos”: unha nena esperta, inconformista, creativa e rebelde, á que lle gustan os libros, a música e os cantares populares, con moitas similitudes con calquera outro neno pero na que afloran tamén algúns dos trazos que despois a converterían en figura fundamental das letras galegas.

A obra chegou a Valga subvencionada pola Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta (Agadic) e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

RosalíaTeatro2 RosalíaTeatro3

RosalíaTeatro4            RosalíaTeatro5

Volver