- O grupo de alumnos de máis idade desprazouse andando ata a lagoa para pasar a mañá
- Botáronlle comida aos patos, merendaron ao aire libre e fixeron un inventario de árbores
Valga, 22 de xullo de 2021.
A Escola de Verán saiu esta mañá de ruta co grupo de alumnos de máis idade, que se desprazaron xunto a varios monitores e voluntarios á Mina Mercedes.
Os rapaces foron camiñando dende o colexio de Baño, no que se desenvolven as actividades estivais, ata a lagoa. Alí botáronlles comida aos patos e gansos , merendaron e realizaron un inventario das distintas especies de árbores que bordean a lagoa.
A Escola de Verán organizada polo Concello para favorecer a conciliación laboral e familiar dos veciños de Valga durante as vacacións escolares deu comezo a mediados de xullo con todas as prazas cubertas na primeira quenda, que se prolongará ata finais de mes.
Trinta rapaces de entre 4 e 14 anos participan nas actividades que se desenvolven no recinto do colexio Baño-Xanza de 9:00 a 14:00 horas e coas que se fomentan valores baseados na igualdade de xénero, o respecto ao medio ambiente e se traballa na concienciación dos rapaces para construír un mundo máis respectuoso, igualitario e xusto.
Os alumnos están divididos en grupos burbulla para garantir a súa seguridade.
No mes de agosto, entre os días 2 e 20, haberá unha segunda quenda.