Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O concurso desenvolverase a través de Facebook e Instagram e haberá tres gañadores

- O obxectivo é promocionar estes tres recursos aproveitando a influencia das redes sociais

ANGUIACAÑACAMIÑO

Valga, 19 de xullo de 2021.

As actividades vencelladas ao Agosto Gastronómico organizado polo Concello dan comezo co Concurso de Fotografía sobre a anguía, a caña do país e o Camiño de Santiago ao seu paso por Valga, que hoxe mesmo abre o prazo de presentación de imaxes.

Poden participar nesta iniciativa persoas maiores de 18 anos, podendo presentar un máximo de tres obras que deberán ser orixinais e inéditas e ter como tema principal a promoción dos dous produtos exaltados na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País e tamén a Ruta Xacobea, en calquera das variantes que discorren por Valga: o Camiño Portugués, o Camiño Portugués da Costa ou a Ruta marítimo-fluvial.

As obras deben publicarse en Facebook ou Instagram, etiquetando a @valga.gastronomica e empregando as palabras clave #valga_anguia, #valga­_caña ou #valga_camiño dependendo da temática da fotografía. O prazo de admisión de imaxes estará aberto ata o 1 de agosto.

Concederanse tres premios, un por cada categoría, que consistirán nun lote de produtos galegos valorados en 100 euros cada un.

O xurado estará composto por cinco membros, entre os que haberá fotógrafos, representantes do Concello e persoas vencelladas a Valga que atenderán a criterios coma a creatividade e a calidade técnica á hora de designar aos gañadores, que se darán a coñecer o día 28 de agosto, con motivo da XXXI edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

 

CARTEL CONCURSO FOTOGRÁFICO

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver