Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Adestran os luns, mércores e venres no pavillón municipal de Baño

- A través de xogos e outras dinámicas aprenden a realizar figuras, saltos e piruetas

Patin1

Valga, 18 de xullo de 2021.

A Escola Municipal de Patinaxe continúa coa súa actividade durante a temporada estival coa proposta “Verán sobre rodas”, na que participan dende nenos a partir de 3 anos que dan os primeiros pasos neste deporte ata mozos que xa levan tempo sendo afeccionados a el e que teñen participado noutras edicións da escola.

A actividade ten como base o pavillón deportivo de Baño, onde se suceden os adestramentos os luns, mércores e venres durante os meses de xullo e agosto. “Algúns nenos veñen tres días semanais e outros dous, en sesións de hora e media cada unha”, explica a monitora Olalla Pérez, que traballa con grupos reducidos de entre 10 e 15 rapaces debido á situación sanitaria pola Covid-19.

Nas clases, os alumnos traballan as bases da patinaxe artística, aprendendo a realizar figuras, saltos e piruetas. Segundo a idade e a experiencia dos rapaces a monitora aplica distintos métodos de ensinanza. Por exemplo, “os máis pequenos aprenden a base de xogos”.

Olalla Pérez apunta que a patinaxe é un deporte que conta con moita aceptación entre a mocidade de Valga. Dun tempo a esta parte hai unha crecente afección e, “incluso durante este ano tan raro, a actividade segue a funcionar moi ben”.

Patin2 Patin3

Patin5 Patin4

Volver