Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As titulacións propostas son un arquitecto e un licenciado en dereito e, como suplentes, enxeñeiro de telecomunicacións e licenciado en administración e dirección de empresas

- As bolsas terán unha duración de seis meses e poden prorrogarse durante outro medio ano

 

Valga, 26 de febreiro de 2018.

O Concello de Valga ven de adherirse ao Plan de Prácticas Laborais da Deputación de Pontevedra mediante a solicitude de dous bolseiros, un licenciado en dereito e un arquitecto, para reforzar o plantel municipal durante un período mínimo de seis meses ao tempo que eles adquiren experiencia.

O plan diríxese específicamente a persoas con titulación universitaria ou de formación profesional de ciclo superior e sen experiencia laboral previa, de maneira que poidan completar a súa formación académica mediante a realización dun proxecto formativo que lles proporcione a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado laboral.

A este programa podían acollerse concellos de provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, distribuíndose as bolsas en función da poboación. Deste xeito, a Valga correspondíanlle dous bolseiros ao ter menos de 10.000 habitantes. O propio Concello puido elixir as titulacións que máis lle interesaban e tamén designar titulacións suplentes por se a bolsa solicitada resulta vacante por falta de persoas candidatas. As titulacións suplentes propostas son: licenciado en administración e dirección de empresas e enxeñeiro de telecomunicacións.

As bolsas terán unha duración de seis meses con posibilidade de prórroga durante outro medio ano. A Deputación aboará aos bolseiros a axuda económica establecida, daraos de alta na Seguridade Social e tramitará un seguro de responsabilidade civil que cubra as continxencias que se produzan como consecuencia da realización das prácticas. O Concello, pola súa parte, designará a un traballador que actuará como titor e que se encargará de facilitar á persoa bolseira a súa integración na entidade, asesorala nos momentos que necesite, velar pola súa formación e polo cumprimento da práctica e supervisar as tarefas que desempeñe.

Volver