Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A representación, dirixida a público infantil, terá lugar ás 12 horas no patio do colexio de Baño

- O afor estará limitado a cincuenta espectadores debido á situación sanitaria

RosalíaTeatro

Valga, 15 de xullo de 2021.

O recinto do colexio de Baño albergará o vindeiro 23 de xullo a representación teatral “Rosalía”, unha obra dirixida a público familiar e infantil e centrada na infancia da poetisa de Padrón, da que hoxe se cumpren 136 anos do seu falecemento.

O espectáculo terá lugar ás 12 horas cun aforo máximo de 50 espectadores.

A obra, dirixida por Fina Calleja e protagonizada por Cristina Collazo e Rocío González toma como punto de partida o libro “Cantares Gallegos” para retratar a unha Rosalía esperta, inconformista, rebelde e creativa, á que lle gustan as palabras, a música e os cantares populares. Unha imaxe alonxada do estereotipo da Rosalía triste e melancólica.

A montaxe chega a Valga da man de Culturactiva subvencionada pola Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta (Agadic) e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

RosaliaCartel

Volver