Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os recoñecementos recaeron en alumnos dos colexios de Baño e Ferro Couselo, do IES de Valga, da Escola de Música e do Centro Superior de Música

- O acto contou coa presenza do alcalde, o xefe territorial de Educación e representantes da comunidade educativa

Expedientes21 1

Valga, 9 de xullo de 2021.

Os estudantes dos centros educativos valgueses cos mellores expedientes académicos do curso 2020-2021 recibiron onte unha homenaxe por parte de Concello. O acto, que se celebrou no Auditorio Municipal, contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, o xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, directores dos centros educativos do municipio, representantes da ANPAs e familiares dos alumnos recoñecidos.

Os galardóns aos mellores expedientes de Educación Primaria recaeron en Brais Blanco Pérez, do CEP Xesús Ferro Couselo, e Lois García Tizón, do CEIP Baño-Xanza. En Educación Secundaria Obrigatoria foi recoñecido Samuel Rial Maneiro, mentras que en Bacharelato os mellores expedientes foron os de Sonia Costa Suárez, na rama de Ciencias, e María Ortigueira Piñeiro, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

En Formación Profesional Básica, na especialidade de Fabricación e Montaxe, o alumno máis brillante foi Javier Domínguez Romero. No Ciclo Medio de Soldura e Caldeiraría o recoñecemento recaeu en Fernando Romero Castroagudín e no Ciclo Superior de Construcións Metálicas, en Lois González Alcalde.

No referido á ensinanza musical, o estudante da Escola Municipal de Música co mellor expediente do Grao Profesional durante o curso recén rematado foi Pablo Ares Ferro, na especialidade de Clarinete, e no Grao Superior o alumno coas mellores cualificacións foi Sergio Piñeiro Martínez, na especialidade Saxofón. Por último, o mellor expediente do Centro Superior de Música foi o de Fabián Jamardo Pérez, na especialidade de Trompeta.

Os galardoados recibiron un diploma, una placa conmemorativa e unha tablet, esta última aportada pola Consellería de Educación.

No turno de intervencións, o alcalde deu a “noraboa” a todos os galardoados, ao persoal docente e aos achegados dos estudantes, xa que coa aportación de todos acadaron o éxito nun curso marcado de novo pola pandemia. “Estes alumnos”, manifestou Bello Maneiro, “son a base do presente e do futuro deste concello” e animounos a seguir “traballando na mesma liña, que é a correcta”.

O rexedor lembrou que 2020 e 2021 están a ser os anos de “maior investimento nos nosos colexios” por parte da Consellería de Educación, con máis dun millón de euros destinados a obras de mellora, un feito que agradeceu ante o xefe territorial César Pérez. Este, pola súa parte, referiuse á “grande impilicación do alcalde e do seu goberno coa Educación, como demostra a organización deste acto de recoñecemento e a continua xestión de melloras para os seus centros educativos”. Grazas a este traballo, concluíu, “Valga pode presumir de ter uns centros do século XXI”.

En representación da comunidade educativa falou o director do IES, Eliseu Mera, que loou o “esforzo e o traballo” realizados polos estudantes homenaxeados. “Desexo que sexan capaces de construír unha sociedade mellor que a que lles deixamos”, engadiu. Algúns dos alumnos recoñecidos tamén tomaron a palabra para agradecer o traballo dos seus mestres eo apoio dos seus pais e familias, moi importantes tamén para lograr estes éxitos, especialmente nestes últimos anos nos que a pandemia impediu o normal desenvolvemento da actividade académica.

A gala contou coas actuacións musicais de Pablo Ares, Sergio Piñeiro e Fabián Jamardo, que estiveron acompañados ao piano pola profesora Paula Gago.

Expedientes21 2 Expedientes21 3

Expedientes21 4 Expedientes21 5

Expedientes21 1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver