Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna acompañaron ao rexedor na visita ao home de máis idade do municipio

- Agasallárono un ramo de flores e unha torta e brindaron coa familia

Hipólito101 1

Valga, 5 de xullo de 2021.

O alcalde, José María Bello Maneiro, felicitou esta mañá a Hipólito Cerqueiras Pardal no día do seu 101 aniversario.

O rexedor, acompañado polas concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna, visitou ao centenario no seu domicilio, en Moldes (Cordeiro) para transmitirlle os parabéns en nome de todos os veciños de Valga. Agasallárono cun ramo de flores, unha torta e doces cos que festexar unha data tan especial rodeado polos seus achegados.

O centenario recibiu moi emocionado aos representantes municipais, cos que conversou moi animadamente antes de apagar as candeas co número 101 e brindar con todos os presentes: tanto os edís como parte da súa familia, formada por cinco fillos –tivo un sexto que faleceu de mozo–, dezaseis netos, máis de vinte bisnetos e catro tataranetos.

Hipólito Cerqueiras é o home máis lonxevo de Valga. Outras dúas mulleres superan tamén a barreira dos cen anos: María Bouzas Senín, que esta mesma semana cumpre 105, e Regina Grela Fernández, que a finais de mes cumprirá 101.

          Hipólito101 2            Hipólito101 1

Hipólito101 3 Hipólito101 4

 

Volver