Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A narradora Lorena Pinheiro relatará as historias do seu espectáculo “2 pasos, 25 pesetas”

- A entrada é libre para todas as persoas que queiran asistir, ata completar o aforo

 Capela Martores

Valga, 2 de xullo de 2021.

A novena edición do Festival Atlántica recala mañá en Valga co espectáculo “2 pasos, 25 pesetas” de Lorena Pinheiro. A cita será a partir das 20:00 horas na capela dos Martores e a entrada é libre ata completar o aforo permitido.

Inicialmente está previsto que o evento se desenvolva nos exteriores da capela de San Mamede, se ben en caso de choiva trasladarase ao interior.

No espectáculo “2 pasos, 25 pesetas” mestúranse a emoción, a diversión e a tradición empregando como ferramenta un dos apeiros máis antigos da humanidade: as historias contadas. Conversas, contos e historias que veñen e van facendo parada na Funeraria, epicentro neurálxico de Salvaterra, onde se sitúa o bar familiar da narradora e o antigo teléfono público que daba liña cando o contador acendía en 2 pasos por 25 pesetas.

A actividade é posible grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o proxecto obaixoulla.gal e o Concello de Valga.

Atlántica

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver