Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello e o artista tomaron a decisión ante a previsión de chuvia para a xornada de mañá

- As invitacións que xa se repartiron seguen sendo válidas para a nova data

roicasal

Valga, 2 de xullo de 2021.

O concerto de Roi Casal que estaba programado para mañá sábado a partir das 21 horas no auditorio ao aire libre da área fluvial de Vilarello queda aprazado.

Así o decidiron este mediodía o Concello e máis o artista catoirense, tendo en conta as previsións meteorolóxicas, que auguran chuvia para a xornada de mañá e, en concreto, para as horas nas que debería celebrarse o evento.

Xa está fixada a nova data na que se celebrará o concerto: será o domingo, 18 de xullo, a partir das 21 horas no mesmo lugar. As invitacións que xa se repartiron seguen a ser válidas, polo que deben conservarse. Ademais, poden seguir recolléndose tíckets gratuítos tanto nas oficinas do Concello coma no Auditorio Municipal en horario de 8:30 a 14:30.

Se algunha persoa que xa recollera as súas invitacións non puidera asistir nesta nova data, prégase que as devolva no Concello ou no Auditorio para poder repartilas entre outros veciños interesados en presenciar o concerto.

RoiCasalAprazado

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver