Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Arredor dun cento de persoas asistiron á actividade no Auditorio Municipal

- O evento promoveu a participación do público, tanto nenos como adultos

boriska1

Valga, 23 de febreiro de 2018.

Números circenses, música e bailes e os personaxes de debuxos preferidos dos nenos foron da man no espectáculo “Boriska”, que tivo lugar onte pola tarde no Auditorio Municipal e ao que asistiron arredor dun cento de persoas.

Os malabares e unhas espectaculares pompas de xabón xigantes compartiron protagonismo con Mickey e Minnie Mouse, cos integrantes da Patrulla Canina, os Minions e un oso de peluche xigante de nome Boriska.

Os nenos non só puideron aplaudir a estes personaxes, senón que tiveron oportunidade de interactuar con eles xa que se tratou dun espectáculo aberto á participación do público.

boriska2 boriska3 boriska5 boriska4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver