Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O aforo máximo permitido no recinto será de 200 persoas

- A asistencia será gratuíta, previa retirada de invitacións no Concello ou no Auditorio

roicasal

Valga, 23 de xuño de 2021.

O músico catoirense Roi Casal ofrecerá un concerto o vindeiro 3 de xullo no auditorio ao aire libre da área fluvial de Vilarello. Será a partir das 21 horas e permitirase un aforo máximo de 200 persoas no recinto. A entrada será gratuíta, pero será necesario retirar previamente as invitacións no Concello ou no Auditorio Municipal. Estarán dispoñibles nos próximos días e poderán retirarse un máximo de dúas invitacións por persoa.

Roi Casal porá en escena o espectáculo “As músicas do Camiño”, que parte da música tradicional chegada a Galicia polo Camiño de Santiago para enriquecela con novos aportes intentando manter sobre o escenario a esencia da cultura galega. O músico, compositor e cantante ten coma un dos seus sinais de identidade o uso de instrumentos coma a arpa céltica, a zanfona ou o laúd, que combina con guitarras eléctricas, batería, baixo ou violín.

Integrante da banda “Milladoiro” entre os anos 2000 e 2009, Roi Casal iniciou a súa carreira artística en solitario co traballo “Lendas Douradas”, ao que seguiron “Maxicamente vello” e “Donos do noso destino”. A súa música ten servido de banda sonora para producións cinematográficas e de TV e as súas xiras chegaron ata Xapón, Arxentina, Estados Unidos, Suíza, Uruguay ou Alemaña, entre outros países.

En 2016 estreou no Gran Teatro de La Habana “Son galego, son cubano”, un proxecto internacional por encargo do Instituto Cubano de la Música para poñer en valor os lazos de unión entre ambos pobos. Figuras da talla de Pablo Milanés ou Xosé Neira Vilas colaboraron con Roi Casal nesta iniciativa.

Este concerto foi promovido a través do proxecto turístico Mar de Santiago, do que Valga forma parte xunto a Pontecesures, Catoira e Vilanova, e conta coa colaboración do programa "Musigal", da Deputación Provincial.

CartelRoiCasal

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver