Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ao certame, que repartirá tres premios de 200, 150 e 100 euros, poden presentarse alumnos dos colexios de Baño e Ferro Couselo

- O prazo para entregar as obras estará aberto ata o día 30 de xuño

 

Valga, 18 de xuño de 2021.

O Concello de Valga convoca, un ano máis, un concurso artístico para elixir o cartel anunciador da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, unha celebración que está declarada de Interese Turístico de Galicia.

Ao certame, que repartirá 450 euros en premios, poden concorrer alumnos dos colexios CEIP Plurilingüe Baño-Xanza e CEP Xesús Ferro Couselo, agrupados por aulas. Presentarán unha obra colectiva que faga referencia aos produtos postos en valor na festa, a anguía e a caña, ou a elementos que sexan esenciais nos procesos de obtención destes produtos.

Non se establecen limitacións de técnicas a empregar na elaboración das obras, pero si deben axustarse á medida A3 (297 x 420 mm.) e ter orientación vertical. Deben estar elaboradas sobre algún soporte bidimensional coma lenzo, cartolina, papel... Os orixinais levarán obrigatoriamente o escudo oficial do Concello de Valga e o texto “XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Agosto 21, 22, 26, 27, 28 e 29”, e deben identificarse con un lema ou pseudónimo.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o día 30 de xuño. Os grupos participantes deben presentar no Concello a obra orixinal e un sobre pechado co mesmo lema que utilizaron para a obra. No interior xuntarase a folla de inscrición debidamente cuberta e indicarase a clase e o colexio ao que pertence a obra.

Outorgaranse tres premios dotados con 200, 150 e 100 euros en vales para a adquisición de material escolar. Ademais, a obra gañadora do primeiro premio será o cartel anunciador da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

Folla de inscrición

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver