Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A folla de inscrición, xunto coa documentación precisa, pode entregarse nas oficinas municipais ata o día 9 de xullo

- A escola ofrece a actividades formativas para todas as idades, dende bebés a maiores

ESCMUSICA

Valga, 16 de xuño de 2021.

A Escola Municipal de Música abre a partir deste venres, 18 de xuño, o prazo de matrículación de alumnos para o curso 2021/2022.

A folla de inscrición debe entregarse nas oficinas municipais debidamente cuberta e xunto á seguinte documentación:

  • Xustificante do ingreso da taxa de matrícula na conta bancaria da Escola de Música
  • Impreso de domiciliación bancaria
  • 2 fotos tamaño carné
  • Fotocopia do DNI do alumno ou Libro de Familia
  • Autorización para a toma e publicación de imaxes
  • Solicitude de bonificación, de ser o caso

A Escola admite alumnos de todas as idades. De 0 a 3 anos trabállanse as capacidades expresivas, psicomotrices e musicais. Na etapa de 3 a 7 anos, os alumnos poden bailar, cantar e tocar con Música e Movemento, e a partir dos 8 anos a formación inclúe o ritmo musical, entoación e teoría en Linguaxe Musical, ao tempo que se aprende a tocar un instrumento para, máis tarde, pasar a formar parte dalgunha das agrupacións da Escola, entre elas a Banda Municipal. Ademais, tamén se imparten preparación para o ingreso no Conservatorio dos alumnos de Grao Profesional e Música con maiores.

As materias que poden cursarse en Grao Inicial son Música para bebés (de 0 a 3 anos), Música e Movemento (grupos de 3 a 6 anos e de 6 a 8), Linguaxe Musical (maiores de 8 anos) e Musicoterapia (alumnado con discapacidade). Nesta etapa, os alumnos tamén poden formar parte das seguintes agrupacións: Coro Peque (de 6 a 12 anos), Banda Peque, Big Band Peque, Agrupación folk, Danza / Ballet, Baile Moderno e Baile Folk.

En Grao Medio as materias específicas que teñen aberta a matrícula son Linguaxe Musical, Harmonía / Análise Musical, Piano complementario e Historia. Tamén se imparten, como materias optativas, Novas Tecnoloxías, Arranxos e Composición, Combo / Improvisación e Adestramento rítmico-auditivo. As agrupacións ás que pode accederse nesta etapa son Música de Cámara, Coro Xove (a partir de 13 anos), Big-Band, Banda de Música e Canto.

No tocante aos instrumentos, impártense clases de frauta, oboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, gaita, acordeón, guitarra, piano, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, canto e outros a proposición dos alumnos.

A folla de matrícula para todas estas actividades pode descargarse a través da páxina web do Concello, no apartado “Solicitudes / Impresos” dentro da sección de Atención Cidadá (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes).

Volver