- As obras consistirán no pintado de toda a estrutura metálica do recinto deportivo

- As dúas administracións investirán un total de 80.000 euros

LeteLasa1

Valga, 9 de xuño de 2021.

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, estivo esta mañá Valga para asinar, xunto co alcalde, José María Bello Maneiro, un convenio de colaboración en virtude do cal as administracións autonómica e municipal investirán 80.000 euros en melloras no pavillón municipal de Beiro (Cordeiro).

A visita de Lete Lasa en Valga comezou na Casa do Concello, onde o recibiron o alcalde e máis os concelleiros Carmen Gómez, Malena Isorna e Pedro Calvo. No Salón de Plenos tivo lugar o acto de sinatura do convenio de cooperación. Tal e como recolle, os traballos a realizar consistirán no pintado de toda a estrutura metálica e doutros elementos do pavillón de Beiro.

A continuación, o responsable autonómico o os representantes do Concello desprazáronse ata o recinto deportivo, que é referente en canto a volume de utilización por parte dos veciños e que acolle actividades coma patinaxe, fútbol sala, tenis, e outras actividades vencelladas ao ximnasio. Alí comprobaron o estado da estrutura metálica e analizaron a posibilidade de acometer outras actuacións de mellora no pavillón para favorecer a práctica deportiva por parte da poboación, especialmente a máis moza.

Como agradecemento pola súa visita a Valga, o alcalde agasallou ao secretario xeral para o Deporte cunha botella conmemorativa da última edición da Mostra da Caña do País.

LeteLasa2 LeteLasa3

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

Boton Obradoiro

boton tempo

Volver