Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Asistiron representantes dalgunhas das grandes empresas locais

- O alcalde xestionou a participación dun técnico do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía para resolver as dúbidas dos industriais

AxudasEmpresarios1

Valga, 11 de xuño de 2021.

O Concello reuniu esta semana a representantes dalgunhas das principais empresas de Valga para informalos sobre varias liñas de axudas que ten activas o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía para financiar proxectos de innovación e I+D.

O goberno municipal, a través da Alcaldía e da Concellería de Industria, organizou este encontro co obxectivo de que as empresas valguesas conten coa maior información sobre as subvencións das que poden dispoñer para poder sacar adiante os seus proxectos. O Concello xestionou a participación dun técnico do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial que foi o encargado de explicar as diferentes liñas de axudas ás que poden concorrer as empresas e o tipo de proxectos que poden financiar a través delas. Tamén estiveron presentes na xuntanza o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Industria, Carmen Gómez, e o edil Pedro Calvo.

As subvencións sobre as que se informou aos empresarios diríxense, por unha parte, a proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) que conleven a creación ou mellora significativa dun proceso produtivo, produto ou servizo e, por outra, a proxectos de innovación tecnolóxica que contribúan a mellorar a competitividade da empresa mediante a incorporación de tecnoloxías emerxentes. Poden presentarse proxectos cun orzamento a partir de 175.000 euros e a axuda pode chegar ao 75% do total.

“É unha mágoa que, co nivel industrial que temos no noso concello, axudas coma estas non se divulguen o suficiente, xa que poden axudar ás empresas de Valga a reforzar a súa competitividade e a desenvolver proxectos que dean valor engadido aos seus produtos, contribuíndo ao desenvolvemento da economía local e á xeración de postos de traballo”, indica o alcalde.

AxudasEmpresarios2 AxudasEmpresarios3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver