Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo entregáronlle esta mañá os 500 euros en vales de compra

- A campaña de promoción do comercio local sorteou 6.000 euros dende a súa posta en marcha en xullo de 2020

PremioMercaValgaMaio

Valga, 8 de xuño de 2021.

Unha veciña de Caldas de Reis, Mª Isabel Navarro Cardama, foi a gañadora do último premio de 500 euros da campaña de apoio a comercio local Merca-Valga II.

A agraciada recibiu esta mañá os vales de compra para gastar nos establecementos adheridos, que lle foron entregados polos concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo. O acto tivo lugar nas instalacións de Talleres Refojo, na Devesa (Campaña), onde entregaron a papeleta gañadora, a coincidente coas últimas catro cifras do sorteo da Lotaría Nacional do día 29 de maio.

Dende a súa posta en marcha en xullo do ano 2020 para tratar de reactivar a economía e o comercio local a consecuencia da pandemia, a campaña Merca-Valga sorteou un total de 6.000 euros en tres edicións, dúas ordinarias e outra especial Nadal.

Participaron máis de 70 negocios de Valga de sectores moi diversos coma a alimentación, a hostalería, a automoción, o téxtil, o deportivo ou xardinería e produtos agrícolas, entre outros. Tamén hai farmacias, estancos, salóns de peiteado e estética, logopedias, estudos de fotografía, ferraxerías, carpinterías, taxis, hoteis ou consultorías.

 

PremioMercaValgaMaio

Volver