Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra “A miña mirada feita pintura” ofrece un percorrido pola súa traxectoria, dende os comezos ata a actualidade

- A artista, veciña de Pontecesures, e a súa familia teñen un forte vencello con Valga

MadaAbalo1

Valga, 2 de xuño de 2021.

A sala de exposicións do Auditorio renova o seu contido e recibe á artista Mada Abalo coa súa mostra “A miña mirada feita pintura”.

A exposición foi un agasallo que lle prepararon os seus achegados, toda unha sorpresa para ela. Reuniron algunhas das súas obras máis significativas e que amosan a evolución da súa pintura dende os seus comezos ata a actualidade. “Cando empecei coa pintura facía bodegóns e pouco a pouco fun comprobando que podía chegar a pintar o que a min realmente me gustaba. Agora vexo aqueles primeiros traballos e parécenme moi básicos”.

Mada Abalo pinta a partir de fotografías. Busca “imaxes que me inspiren, moitas delas en National Geographic”, e reprodúceas. Tamén ten empregado como modelo fotos orixinais, como algunhas do seu irmá, o falecido fotógrafo Anxo Abalo. “Normalmente pinto na casa, estando relaxada, e non calquera cousa. Para poder facelo tenme que gustar. Tampouco pinto para vender, nunca me plantexei vivir da pintura, prefiro regalarlle os cadros a xente que sei que os vai a apreciar”. De feito, tampouco pensara en facer exposicións coas súas obras. Esta do Auditorio é a primeira que protagoniza.

Veciña de Pontecesures, o vencello de Mada Abalo con Valga é forte. A súa nai é natural de Barro (Cordeiro), e varios dos seus irmáns residen tamén nesta parroquia.

MadaAbalo2 MadaAbalo3

MadaAbalo4

Volver