Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Será impartida por Carmen Loureiro a partir das 20 horas na sala de audioviduais

- Está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte os centros educativos, as Anpas e os Servizos Socias do Concello

charla2

Valga, 20 de febreiro de 2018.

O IES de Valga celebra este xoves, 22 de febreiro, a charla “Resolución de conflitos no ámbito familiar e aspectos emocionais” que será impartida por Carmen Loureiro López. A actividade, aberta á comunidade educativa, terá lugar a partir das 20 horas na sala de audiovisuais do instituto.

Versará sobre a xestión das relacións familiares e a súa repercusión ámbito escolar e enténdese de utilidade para favorecer a relación e coordinación entre os centros educativos participantes e as familias.

A charla está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte o departamento de Servizos Sociais do Concello, o IES de Valga, o CEIP Baño-Xanza, o CEP Xesús Ferro Couselo e as súas respectivas asociacións de pais de alumnos.

 Charla

Volver