- O contrato inclúe a elaboración de informes ou a asistencia técnica en temas relacionados co Plan Xeral
- Os licitadores poden presentar as súas ofertas por medios telemáticos
Valga, 26 de maio de 2021.
O Concello vén de sacar a licitación o servizo de asesoramento urbanístico para os próximos dous anos, con opción de prórroga ata un máximo de catro anualidades.
O obxecto do contrato inclúe o asesoramento en temas relacionados coa aplicación do Plan Xeral e a normativa urbanística en vigor, asistencia técnica en asuntos de planeamento e xestión urbanística para o desenvolvemento do PXOM, a elaboración de informes urbanísticos de procedementos a seguir para o desenrolo dos distintos solos ou a supervisión e elaboración de informes sobre as solicitudes de licenza de obra maior. Ademais, a asesoría deberá colaborar cos técnicos municipais na interpretación do Plan Xeral e aspectos normativos de planeamento e xestión e asistir a reunións con organismos e institucións públicas ou privadas a solicitude do Concello.
As ofertas deben presentarse a través da plataforma electrónica da Consellería de Facenda. Os licitadores deberán presentar unha memoria na que exporán aspectos relativos á súa experiencia profesional en asesoramento urbanístico a administracións públicas, descrición do traballo a realización e medios humanos e materias postos a disposición do Concello.
O prezo estimado do contrato é de 14.520 euros anuais.