Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Samuel Rial e Alexandra Bandín abordaron o tema da legalización da maternidade surrogada en España

- O xurado valorou a súa capacidade de argumentación e a actualidade do asunto escollido

regueifiñas1

Valga, 21 de maio de 2021.

O equipo formado por Alexandra Bandín Gómez, estudante de 1º de Bacharelato, e Samuel Rial Maneiro, de 4º da ESO, ambos alumnos do IES de Valga, acaba de proclamarse gañador do concurso de debate escolar “Regueifiñas”, unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela apoiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación.

O dúo formado por Samuel e Alexandra foi un dos dous elixidos como finalistas e, polo tanto, gañadores do certame pola súa participación nun debate arredor da legalización da maternidade surrogada en España, no que defenderon a postura en contra.

O xurado do concurso valorou moi positivamente a relevancia e actualidade do tema escollido, a boa preparación da súa intervención e a capacidade de argumentación dos poñentes.

Na competición “Regueifiñas” podían participar estudantes de último curso de Educación Secundaria e de 1º de Bacharelato, que debían gravar un vídeo no que dúas parellas confrontaran ideas sobre un tema de actualidade. Os equipos debían ser preferentemente mixtos ou, de non selo, estar formados por dúas rapazas, xa que un dos obxectivos da actividade é o de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as mozas. O IES de Valga participou cun equipo de catro alumnos que debateron sobre a maternidade surrogada e a súa regularización no noso país.

Os gañadores recibirán varios premios relacionados coa ciencia e a tecnoloxía e, ademais, serán convidados a participar nun debate final.

regueifiñas2 regueifiñas1

Volver