Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A formación, que o próximo ano celebrará o seu 30 aniversario, estivo dirixida por José Trigueiros

- O alcalde, José María Bello Maneiro, acudiu ao evento en representación do Concello

OSG1

Valga, 21 de maio de 2021.

A Orquestra Sinfónica de Galicia ocupou onte o escenario do Auditorio para ofrecer un concerto que congregou a máis dun cento de persoas que puideron gozar de novo da música clásica dende as butacas da sala municipal. Entre elas o alcalde, José María Bello Maneiro, que asistiu en representación do Concello xunto a outros membros do equipo de goberno.

A agrupación fundada na Coruña e que está a piques de celebrar o seu trixésimo aniversario, estivo dirixida por José Trigueros e contou co acompañamento de María José Ortuño, que interpretou como frauta solista o “Concerto para frauta” de jacques Ibert. O programa tamén incluíu as obras “Petite suite” de Claude Debussy e “Sinfonietta” de Francis Poulenc.

A actuación da Sinfónica de Galicia, promovida dende o Centro Superior de Música, estaba inicialmente prevista para o pasado ano, como peche do curso académico do CSM Galicia. A pandemia impediu que o concerto puidera celebrarse naquela data, sendo reprogramado ahora baixo o cumprimento de todas as medidas sanitarias en vigor.

OSG2 OSG3

OSG4 OSG5

Volver