Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os actos tiveron lugar onte á tarde no Auditorio Municipal

- Asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira delegada da Escola de Música, Malena Isorna 

AniversarioBanda1

Valga, 18 de maio de 2021.

A Banda de Música Municipal conmemorou onte, no Día das Letras Galegas, o seu vixésimo segundo aniversario cun acto aberto ao público que tivo lugar no Auditorio e que contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira delegada da Escola de Música, Malena Isorna.

Presentouse ante os asistentes a nova páxina web www.bandadevalga.gal, creada por Nelson Quinteiro. A web, que xa leva uns días operativa, está en galego pero proximamente será traducida a máis idiomas. Adáptase aos diferentes dispositivos de navegación, ofrecendo información a todas as persoas que queiran achegarse á banda e outras agrupacións como a Xove Banda ou a Orquestra, á Escola de Música ou á asociación Musival. Conta tamén con imaxes e vídeos de actuacións da banda, como unha homenaxe á sua traxectoria.

Esta nova ferramenta diríxese tanto ás familias do alumnado, coma a técnicos de cultura que queiran contratar a algunha das agrupacións e a persoas interesadas na música, en xeral, e na actividade cultural que se desenvolve en Valga, en particular.

Trala presentación da web, a presidenta de Musival, Eva García, fixo entrega da insignia de honra da asociación ao expresidente José Manuel Fariña, para dar paso ás actuacións de dúas das agrupacións que forman parte da Escola de Música Municipal: a Orquestra Peque e a Orquestra Clásica.

A primeira interpretou o “Himno de la Alegría” de Beethoven e “O son do ar”, de Luar na Lubre. A Orquestra Clásica, dirixida por Manuel Villar, tocou obras de Vivaldi, “Nessun Dorma” de Puccini, “Habanera” de Georges Bizet e o poema musicado “Negra sombra”, de Rosalía de Castro.

AniversarioBanda2 AniversarioBanda3

AniversarioBanda4           AniversarioBanda5

AniversarioBanda6

Volver