Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa ubicada en Fontenlo está especializada no deseño e fabricación de equipos para sectores coma o madeireiro e o alimentario

- O alto nivel tecnolóxico permítelle exportar produtos a países de varios continentes

Barton1

Valga, 13 de maio de 2021.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Industria, Carmen Gómez, acompañaron este mediodía ao vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, nunha visita ás instalacións da empresa Barton Maquinaria, emprazada no lugar de Fontenlo.

Especializada no deseño e fabricación de equipos e maquinarias para industrias como a madeireira ou a alimentaria, Barton ten no diseño, investigación e desenvolvemento as súas principais bazas para ofrecer un produto de alto nivel tecnolóxico e manterse á vangarda do sector.  “É un exemplo de como a tecnoloxía está cada vez máis presente na actividade produtiva da industria galega”, apuntou Conde en referencia á súa modernidade, innovación e internacionalización desta empresa valguesa que exporta a zonas coma a India, América Latina, Groenlandia ou Holanda, entre outros.

Fundada en 1959, Barton Maquinaria é unha empresa familiar de terceira xeración. Conta cunhas instalacións de 6.300 m2 nas que traballan arredor de 35 empregados. Un equipo técnico e recursos humanos cualificados sumados a procesos e métodos de última xeración permítenlle ofrecer un produto de alto nivel.

O conselleiro aproveitou a súa visita a Barton para anunciar unha liña de axudas dirixida a empresas do sector forestal que invistan en tecnoloxías de procesado, comercialización e mobilización de produtos deste sector.

Barton2 Barton3

Barton4

Volver