Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- “Os ogros” acadaron dous premios: mellor parella adulta e mellor disfraz de Valga

- O desfile, que se celebrou onte en Ferreirós, contou cun total de corenta inscricións

DSC 0829

Valga, 19 de febreiro de 2018.

O Desfile de Entroido que se celebrou na tarde de onte nas inmediacións do Auditorio Municipal contou cun total de corenta inscricións: 19 disfraces individuais, 14 parellas e sete comparsas. O concurso destacou, ademais, pola ampla participación local, sendo de Valga máis da metade dos inscritos, 22 en concreto. O resto de participantes procedían doutros municipios da comarca (Pontecesures, Caldas de Reis e Portas), tamén de localidades da contorna, como Rois, Dodro ou Padrón, e das zonas do Salnés, Santiago, Teo e Negreira.

O certame repartiu un total de 2.155 euros en dezaseis premios. Os participantes fixeron un pequeno percorrido por Ferreirós para amosar os seus disfraces tanto ao numeroso público presente como ao xurado, que estivo presidido pola concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, e integrado por representantes de colectivos valgueses: Juan Carlos Sanmarco, da ANPA do colexio de Baño; Beatriz Amo, da ANPA do colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro; Lolita López, da ANPA “A Bella Otero” do IES de Valga; Laura Núñez, da asociación artesanal de Palilleiras “A Bella Otero”; María José Conde, da asociación cultural e xuvenil A Eira; Ricardo Abuín, da Coral Polifónica Santa Comba; e Tito Rodríguez, da asociación cultural Heroes de Casaldeirigo.

En categoría infantil individual o gañador (40 euros) foi Duende Descansado, de Meis, seguido polo caldense Atilano vai de voda (30 euros), O Globo de Rois en terceira posición (20 euros) e a valguesa Minnie, novio a la fuga en cuarto lugar (10 euros).

En parellas infantís outorgáronse dous galardóns. O primeiro premio valorado en 50 euros correspondeu a Científicos Locos, de Valga, e o segundo (30 euros) recaeu nos Picapedra do rural, de Caldas. Para pechar a categoría infantil, o xurado premiou ás dúas mellores comparsas que foron, en primeiro lugar, As uvas sulfatadas (75 euros) e, no segundo posto, Os unicornios LGTB (30 euros). Os dous grupos estaban integrados por rapaces de Valga.

No tocante aos adultos, en categoría infantil o primeiro premio de 80 euros recaeu no valgués O rei da baralla e o segundo posto (50 euros) foi para O reloxo de cuco, de Pontecesures. Dous galardóns foron tamén os que se entregaron ás parellas, clasificándose en primeiro lugar Os ogros de Valga (130 euros) e, no segundo dotado con 60 euros, Fantasía marina de Santiago.

Os premios con maior dotación económica foron os das comparsas de adultos. O terceiro posto (150 euros) foi para O feitizo dos Armatroulas, de Santiago. En segundo lugar, os Xigantes venecianos de Negreira levaron 500 euros. O grupo que se proclamou gañador do concurso foi O xabarín e os millos trouleiros, de Portas, que se fixeron cun premio de 800 euros.

O xurado outorgou, por último, un premio de 100 euros ao mellor disfraz de Valga, que recaeu na parella Os ogros.

Durante a deliberación do xurado, o Auditoiro acolleu un espectáculo de animación a cargo de Expresión Os Carballiños.

Duente Descansado 1º individual infantil Científicos Locos 1º parellas infantil As uvas sulfatadas 1º comparsa infantil O rei da baralla 1º individual adulto Os ogros 1º parellas adulto O xabarín e os millos trouleiros 1º comparsa adulto

Máis fotos do Desfile de Entroido: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.219274128621048.1073741962.131969484018180&type=1&l=79831a32b8

Volver