- O contrato inclúe a elaboración de informes, a presentación de recursos e o asesoramento permanente ao Concello
- O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o día 20 de maio
Valga, 6 de maio de 2021.
O Concello sacou a contratación o servizo de asesoramento e asistencia xurídica para os próximos dous anos, con opción de prórroga ata un máximo de catro anualidades.
O obxecto do contrato inclúe a elaboración de ditames e informes que sexan solicitados sobre calquera materia que o Concello lle requira (económico-financeira, urbanismo, contratación, medio ambiente, patrimonio...); asesoramento con carácter permanente en calquera sector do ordenamento xurídico; redacción e presentación de alegacións e recursos en vía administrativa ante os organismos que corresponda; e asistencia a reunións con membros doutros organismos e institucións públicas e privadas a solicitude do Concello.
O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o día 20 de maio, a través da plataforma electrónica da Consellería de Facenda. O prezo estimado do contrato é de 10.164 euros anuais.