Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A primeira actuación terá lugar este domingo no Auditorio e contará coa participación do director Cristóbal Soler e a soprano Lorena Valero

- O evento é aberto ao público ata completar o aforo permitido

ConcertoOperaWeb

Valga, 30 de abril de 2021.

O Centro Superior de Música (CSM Galicia) ten programado para este domingo, día 2 de maio, o concerto barroco “De lo divino a lo humano” que servirá de homenaxe ás vítimas da pandemia da Covid-19.

O director Cristóbal Soler e a soprano Lorena Valero acompañarán aos directores e músicos do CSM Galicia neste evento, no que interpretarán un programa de arias e dúos de ópera e oratorio barroco. O repertorio incluirá as arias  “Piangerò la sorte mia” (Giulio Cesare), “Ombra mai fu” (Serse) e “Lascia chío pianga” (Rinaldo), de G.F. Händel. Tamén soarán a aria  “Che faro senza Euridice” da ópera Orfeo ed Euridice, de G.W. Glück e a composición “Sabat Mater” de G.B. Pergolesi.

A actuación dará comezo ás 12:00 horas no Auditorio Municipal e poderá asistir, de xeito gratuíto, todo o público que o desexe ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias. É obrigatorio o uso de mascarilla e o mantemento da distancia de seguridade entre o público.

O día 9 de maio celebrarase un segundo concerto na Igrexa Parroquial do Divino Salvador de Setecoros cos directores e músicos do CSM Galicia. Será a partir das 18:00 horas e tamén aberto ao público ata completar o aforo.

Estas actividades culturais son organizadas coa colaboración do Concello de Valga.

CartazValga

CartazSetecoros

Volver