Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Atópanse na Avenida da Coruña, xunto á parada de taxis de Pontevalga e na rúa Doutor de Oya Salgueiro

- Agrupan contedores de papel, vidro, envases, fracción resto, aceite e roupa

IllasContedores1

Valga, 26 de abril de 2021.

O Concello procedeu a reordenar os contedores do lixo en varios puntos da zona urbana mediante a creación de illas nas que se agrupan os distintos tipos de colectores para así favorecer a correcta separación de residuos.

Estas illas quedaron establecidas na Avenida da Coruña, nas inmediacións da parada de taxis de Pontevalga e na rúa Doutor de Oya Salgueiro. Os contedores de papel e cartón, vidro, envases, fracción resto e aceite están agora reagrupados no interior dun valado de madeira que fai, ademais, a función de embelecedor. A illa da parada de taxis tamén conta con colector para a reciclaxe de roupa usada.

Con esta medida, o Concello trata de facilitar aos residentes nestas zonas a separación de residuos. Ademais, aproveitouse para incrementar o número de colectores para evitar o depósito de lixo no chan.

IllasContedores2 IllasContedores3

IllasContedores4 IllasContedores5

IllasContedores6

Volver