- Combinaranse zonas con grava e con céspede artificial e plantaranse árbores e especies aromáticas
- Tamén se instalará mobiliario e un cartel explicando o proceso de compostaxe
Valga, 24 de abril de 2021.
A empresa Construcións Lemos Martínez S.L. está a executar dende hai uns días traballos de acondicionamento do entorno do centro de compostaxe comunitario instalado na rúa Doutor de Oya Salgueiro.
As obras lévanse a cabo no marco do Plan Revitaliza, no que colaboran o Concello e a Deputación e a través do que se está a promover en Valga a reciclaxe dos residuos orgánicos a través da compostaxe.
O proxecto de acondicionamento conleva o embelecemento do entorno do centro de compostaxe combinando zonas con céspede artificial e outras con grava. Crearanse unhas bancadas con diferentes plantas aromáticas e plantaranse árbores. Tamén se instalará mobiliario urbano, coma bancos, e colocarase un cartel no que se explicará como se leva a cabo o proceso de compostaxe dos biorresiduos. Por último, está previsto pintar no chan un peletre no que poidan xogar os nenos da zona.