Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade é gratuíta e diríxese a nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos

- Para cumprir coas medidas sanitarias é necesario inscribirse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

MuseoenCamiño1

Valga, 21 de abril de 2021.

O Parque Irmáns Dios Mosquera acollerá o vindeiro día 30 de abril o obradoiro “Museo en Camiño”, unha iniciativa que se desenvolve no marco do programa “O teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia, e que está dirixida a nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. O obxectivo é que coñezan os valores da Ruta Xacobea, así como o patrimonio que atesoura o Museo Provincial de Pontevedra.

O taller plástico e creativo dará comezo ás 17:00 horas e prolongarase ata as 19:00. As prazas son limitadas para poder cumprir con todas as medidas sanitarias en vigor, polo que é necesario inscribirse con anterioridade a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A través desta actividade, que é gratuíta, o Museo de Pontevedra adquire un carácter itinerante seguindo o trazado do Camiño Portugués. Os fondos da institución provincial chegarán aos máis cativos nunha “maleta viaxeira” con réplicas dalgunhas das pezas máis destacadas do museo: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra “Santa María dende A Caeira” de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra “O mercado” de Carlos Maside, “A Terra” de Manuel Torres, “Santa Tegra” de Lugrís, e “Mulleres parolando” de Luis Seoane. En base a estas pezas e obras traballaranse contidos históricos, artísticos e patrimoniais cos nenos participantes no obradoiro.

MuseoenCamiño

Volver