Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Neste proxecto invístense 167.232 euros financiados co Plan Concellos

- A instalación das novas tubaxes permitirá eliminar pozos negros e fosas sépticas

SaneamentoPC

Valga, 20 de abril de 2021.

A pasada semana deron comezo as obras de instalación de novos tramos da rede de saneamento nas parroquias de cordeiro, Xanza, Setecoros e Valga, un proxecto que conleva un investimento de 167.232’62 a través do programa provincial Plan Concellos 2020.

O proxecto inclúe obras de colocación de colectores nos lugares de Barro-Sixto, Balleas, Reguengo, Casaldeirigo, Medela e Ínsua. Os colectores realizaranse con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior para a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas, eliminando así os pozos negros e fosas sépticas existentes e reducindo posibles focos de contaminación ambiental.

Tamén se instalarán os correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometidas das vivendas.

Con estas obras o goberno local continúa avanzando no seu obxectivo de chegar coa rede municipal de saneamento a todos os lugares do concello.

     SaneamentoPC2           SaneamentoPC3

Volver