Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O CIM, emprazado no CODI en Baño, informa e asesora a mulleres en situación de vulnerabilidade, sendo prioritarios os casos de violencia de xénero

- As ofertas para optar á adxudicación dos servizos poden presentarse ata o día 23 de abril

cimcartel

Valga, 9 de abril de 2021.

O Concello sacou a licitación os contratos de prestación dos servizos de atención psicolóxica e xurídica do Centro de Información á Muller (CIM), cunha duración inicial dun ano prorrogables ata un máximo de catro anualidades.

O valor do contrato ascende a 12.585 euros anuais no caso do asesoramento xurídico e de 14.290’4 para o servizo de atención psicolóxica. As ofertas para optar á adxudicación poden presentarse ata o día 23 de abril a través da plataforma de contratación electrónica da Consellería de Facenda: https://silex.conselleriadefacenda.es/SLE_Internet/

O servizo do CIM, compartido co Concello de Moraña, presta atención directa e presencial a mulleres en situación de vulnerabilidade, sendo prioritarios os casos de violencia de xénero. Atópase nas dependencias do CODI, en Baño.

Ofrece información e asesoramento xurídico en ámbitos como o dereito de familia (divorcios, custodias e outras circunstancias), dereito civil e laboral e sobre xustiza gratuíta. No tocante ao ámbito psicolóxico, trabállase con mulleres que precisen de intervención a consecuencia de sufrir malos tratos físicos, psicolóxicos ou de calquera tipoloxía.

O servizo non só se dirixe a mulleres de Valga, senón que tamén atende a veciñas doutros municipios limítrofes afectadas polas problemáticas xa sinaladas.

Ademais deste traballo directo coas usuarias, o Centro de Información á Muller organiza actividades formativas e de sensibilización e prevención da violencia de xénero e elabora de plans de intervención en coordinación con outros servizos externos.

Volver