Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Neste 2018 cúmprese o 150 aniversario do nacemento da artista valguesa máis internacional, a Bella Otero

- O acto terá lugar o domingo 11 de marzo no Auditorio Municipal

bella

Valga, 15 de febreiro de 2018.

O Concello de Valga está a organizar os actos conmemorativos con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Nesta ocasión, e dado que neste ano 2018 se cumpre o 150 aniversario do nacemento da artista valguesa máis internacional, a Bella Otero, o Concello realizará unha homenaxe a todas aquelas mulleres do municipio que promen as artes escénicas, independente da disciplina: teatro, danza, música e, en xeral, calquera manifestación do mundo da escena.

Por tal motivo e co obxectivo de que a homenaxe se faga extensiva ao maior número de persoas, tense emitido un bando no que se solicita a todas as mulleres que formen parte do mundo das artes escénicas que se poñan en contacto co Concello chamando a número de teléfono 986 55 94 56.

O acto de homenaxe terá lugar o día 11 de marzo ás 19 horas no Auditorio Municipal.

Muller Día Muller

Volver