Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alumnado realiza dende comezos desta semana tarefas de desbroce e limpeza no entorno da praia

- As actuacións dos aprendices de forestais tamén incluíron algunhas podas selectivas

UUV Vilarello

Valga, 7 de abril de 2021.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, que o Concello de Valga desenvolve conxuntamente con Moraña, continúa avanzando no desenvolvemento do seu programa formativo, tanto a nivel teórico coma práctico. Neste último caso, os aprendices da especialidade de forestais trasladáronse nestes días á área fluvial de Vilarello para levar a cabo tarefas de acondicionamento e mellora do entorno.

As actuacións centráronse no desbroce e limpeza de toda a área de ocio e esparexemento empregando tanto desbrozadoras coma outras ferramentas de man. Os alumnos eliminaron tamén arbustos silvestres e acondicionaron os parterres, e realizaron podas selectivas e saneamento de árbores.

Os traballos deron comezo o pasado luns e continuarán aínda nos vindeiros días.

Dende a posta en marcha do Obradoiro, os participantes neste módulo de forestais tamén realizaron actuacións de mantemento noutros espazos verdes do municipio coma a Mina Mecedes e o Parque Irmáns Dios Mosquera.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, no que participan un total de vinte persoas desempregadas, terá unha duración de nove meses. Finánciase cunha aportación económica da Consellería de Emprego de 347.000 euros.

UUV Vilarello2 UUV Vilarello3

Volver