Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos incluén a limpeza de cunetas, a mellora do firme e a instalación de canalizacións de pluviais

- As empresas interesadas en executar as obras teñen de prazo ata o 26 de abril para presentar as ofertas

asfaltadovía

Valga, 1 de abril de 2021.

O Concello executará durante os próximos meses obras de mellora e pavimentación en varias estradas de titularidade municipal, nas que investirá un total de 224.687’11 euros.

Os traballos acaban de saír a licitación tendo as empresas de prazo ata o vindeiro 26 de abril para presentar as súas ofertas través da plataforma electrónica da Consellería de Facenda (https://silex.conselleriadefacenda.es/SLE_Internet/).

Os viais obxecto de intervención atópanse en Carballa, Desabanda-Outeiriño, O Forno, Reguengo, Paredes, Laxes, Carracido, Baño, Parque-Moldes-Vilarello, Vilar, Raxoi e Balleas. Estas estradas víronse afectadas por algúns dos últimos temporais e as inclemencias meteorolóxicas provocaron danos e desperfectos que ahora se pretenden subsanar. O obxectivo é que as vías de comunicación de Valga se atopen en condicións axeitadas para prestar servizo aos usuarios, tanto peóns coma vehículos.

Entre os traballos que se levarán a cabo atópase a limpeza de cunetas e a posterior pavimentación con mestura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor. Nalgúns casos tamén se instalarán canalizacións para a recollida de augas pluviais e os correspondentes sumidoiros.

As obras financiaranse con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

Volver