- A primeira sesión terá lugar o vindeiro martes, a partir das 10:30 horas, centrada na planificación da actividade física

- O único requisito para participar é ser usuario da Rede CeMIT

2

Valga, 14 de febreiro de 2018.

A Aula CeMIT de Valga ofrece entre os meses de febreiro e marzo unha serie de vinte charlas informativas adicadas cada unha delas a diferentes aplicacións móbiles para mellorar a vida dos maiores e das persoas en xeral. Están promovidas Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, no marco das súas actividades como aliada do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Os contidos, explicados dunha forma amena e sinxela, buscan sacar un maior partido ao uso habitual da tecnoloxía mediante o descubrimento de novas aplicacións e recursos orientados a diversas facetas da vida cotiá, como poden ser a planificación de viaxes, os trámites electrónicos, a fotografía e o vídeo, os pagos por internet ou as aplicacións relacionadas coa saúde e os coidados para una madurez máis activa.

Estas actividades informativas serán completamente gratuítas e desenvolveranse dende o próximo martes 20 de febreiro ata o 23 de marzo e poderán seguirse dende a Aula CeMIT de Valga. É preciso inscribirse previamente na propia aula, sita no Auditorio Municipal, ou a través de internet no seguinte enlace (https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/login;jsessionid=43C4BF63C071FF124D4DE0687C75FBD7) para reservar praza. O único requisito é ser usuario da rede CeMIT.

As charlas están orientadas a persoas maiores de 40 anos e programadas todas en horario de 10:30 a 12:00. As temáticas son as seguintes:

  • 20 de febreiro: Fai do teu Smartphone o teu adestrador persoal. Planifica e mide a túa actividade física diaria.
  • 21 de febreiro: Móvete coa tecnoloxía. Reloxos intelixentes e outros dispositivos para facer o teu exercicio máis divertido.
  • 22 de febreiro: Saúde postural para a túa vida cotiá. Información online para axudarche a mellorala.
  • 23 de febreiro: Coida o teu corazón ao ritmo da música. Aplicacións e recursos para bailar e coitar a túa saúde.
  • 27 de febreiro: Consellos para sentirte mellor. Aplicacións de meditación e relaxación.
  • 28 de febreiro: Durme ben, controla o teu sono. Tecnoloxía para mellorar o teu descanso.
  • 1 de marzo: Merca e paga con seguridade en internet. Principais portais de compra online.
  • 2 de marzo: Conserva e fortalece a túa memoria. Aplicacións e actividades para mantela en forma.
  • 6 de marzo: Planifica as túas viaxes e os teus lugares soñados. Atopa as mellores opcións de lecer.
  • 7 de marzo: O teu móbil, a túa mellor axenda. Lembra eventos e citas importantes.
  • 8 de marzo: Recursos para combater a soidade. Participa en grupos do teu interese a través de asociacións, grupos de voluntariado ou redes sociais.
  • 9 de marzo: O viño, un capricho saudable, e as mellores aplicacións para a as túas rutas enolóxicas.
  • 13 de marzo: Crea recordos especiais: fotografía e vídeo dixital. Crea o teu caderno de viaxe co teu móbil.
  • 14 de marzo: Aprende a utilizar os recursos de Google Maps para as túas viaxes. Descubre o mundo a través de Google Earth.
  • 15 de marzo: Beneficios e vantaxes do transporte cando es Sénior. Coñece os medios para moverte en tren, autobús e transporte público.
  • 16 de marzo: Historia de España a través de internet. Recursos online para descubrir outras culturas.
  • 20 de marzo: Que é a administración electrónica e principais trámites online que che facilitarán a vida.
  • 21 de marzo: O novo DNI electrónico. A importancia da firma dixital na actualidade.
  • 22 de marzo: Seguridade e privacidade na internet. Protéxete dos perigos da rede.
  • 23 de marzo: Musicoterapia para mellorar o teu estado de ánimo. Recursos online gratuítos para escoitar música á túa medida.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver