Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nas últimas semanas estas sesións viñan desenvolvéndose de forma telemática

- Os alumnos do resto de especialidades xa regresaran ás aulas a mediados de febreiro

EscolaMúsica Letreiro

Valga, 12 de marzo de 2021.

A Escola Municipal de Música retoma dende hoxe as clases presenciais de canto e de instrumentos de vento. Estas sesións viñan desenvolvéndose nas últimas semanas de xeito telemático debido ás restricións aprobadas polas autoridades sanitarias da Xunta de Galicia.

Esta medida preventiva quedou derogada dende hoxe, polo que todas as actividades da Escola Municipal poden desenvolverse xa de xeito presencial nas instalacións do Auditorio, sempre aplicando as medidas hixiénicas e sanitarias para garantir a seguridade do alumnado e do persoal docente.

Os alumnos do resto de especialidades xa regresaran ás aulas o pasado 22 de febreiro, logo dunhas semanas sen actividade debido á pandemia e os ensaios da Banda está previsto que se reanuden trala Semana Santa.

Volver