Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices de forestais desbrozaron toda a área e realizan podas para mellorar a visibilidade da lagoa

- O proxecto, no que participan vinte persoas desempregadas, é financiado pola Xunta

ObradoiroVMina1

Valga, 10 de marzo de 2021.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, que o Concello de Valga desenvolve conxuntamente con Moraña, comezou a execución das obras de utilidade pública recollidas no proxecto. A totalidade dos alumnos realizan dende hai días tarefas de acondicionamento na Mina Mercedes, con traballos propios das dúas especialidades das que consta o Obradoiro: forestais e carpintería.

Os aprendices de forestais levaron a cabo actuacións de desbroce e limpeza en toda a área lúdica e agora céntranse nas podas das árbores, algunhas delas situadas en taludes de importante pendente. As podas realízanse mediante dúas técnicas diferentes: con serra mecánica e con pértiga con machete ou serrón. O obxectivo destas podas é dotar de maior atractivo o espazo, permitindo unha maior visiblidade da lagoa dende diferentes puntos, especialmente dende aquelas zonas habilitadas como miradoiros.

O alumnado de carpintería acomete a instalación dunha nova varanda perimetral de madeira. Actualmente están a colocar os postes sobre os que se asentará a estrutura, que constará de pasamáns, un listón de madeira que conectará os postes entre si e travesas. Os aprendices encargaranse da colocación das pezas pero tamén da súa preparación e barnizado.

A varanda vella será retirada.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, no que participan un total de vinte persoas desempregadas, terá unha duración de nove meses. Finánciase cunha aportación económica da Consellería de Emprego de 347.000 euros.

ObradoiroVMina2 ObradoiroVMina3

ObradoiroVMina4 ObradoiroVMina5

ObradoiroVMina6

Volver