Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Recolle as homenaxes que veciños e entidades quixeron render a mulleres valguesas

- A iniciativa forma parte da programación do Concello con motivo do Día Internacional da Muller

ValgaMuller1

Valga, 8 de marzo de 2021.

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Begoña Piñeiro, e as súas compañeiras no equipo de goberno, Carmen Gómez e Malena Isorna, inauguraron esta mañá no Auditorio a exposición “Valga leva nome de muller”, unha mostra que recolle as homenaxes que veciños e entidades do noso concello quixeron facer a mulleres valguesas.

Relatos, debuxos e fotografías forman parte da exposición, que permanecerá no Auditorio durante todo o mes de marzo. As obras recollidas son:

  • Poesía de Sabela para a súa bisavoa Carmucha
  • Agradecemento de Alexandra á súa nai Rocío
  • Poesía adicada á avoa Lola dos seus netos Rita e David
  • Poesía de Nicolás para a súa avoa Marisa
  • Debuxo de Nada para a súa nai Nadia
  • Agradecemento de Johana para a súa avoa María Victoria
  • Homenaxe do alumnado do CRA ás súas nais
  • Agradecemento ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar
  • Recoñecemento ás nais dos usuarios do CODI

A Concellería de Igualdade agradece a todos os participantes a súa implicación nesta iniciativa, que substitúe á tradicional homenaxe ás mulleres de Valga que cada ano realiza o Concello e que, neste 2021, se veu imposibilitada pola pandemia. Visibilizar o papel da muller no desenvolvemento da comunidade local e enxalzar o empoderamento feminino son os obxectivos desta actividade.

ValgaMuller2 ValgaMuller3

ValgaMuller4 ValgaMuller5

Volver