Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Con elas poderán poderán moer restos de podas domésticas para contar con material estruturante co que facer compost

- Foron adquiridas a través do Plan Revitaliza xunto con outra máquina de maior tamaño para uso municipal

TrituradoraBiomasa1

Valga, 26 de febreiro de 2021.

O Concello recibiu onte a máquina trituradora de biomasa, financiada conxuntamente coa Deputación a través do Plan Revitaliza de compostaxe.

O sistema de compostaxe que dende hai meses se está implantando en Valga, preséntase como a alternativa máis eficaz e sostible para tratar os residuos orgánicos xerados nos fogares, que acaban convertidos en abono natural. Para o funcionamento óptimo deste proceso é necesaria a aportación de material estruturante procedente de restos triturados de poda para que sexa depositado e mesturado cos restos orgánicos.

De aí que o Concello optase pola adquisición dunha máquina trituradora que, por una parte, permitirá cubrir as necesidades do sistema de compostaxe e subministrar estruturante aos veciños que participan e, por outra, tratar e valorizar “in situ” os residuos procedentes da poda ou limpezas forestais sen necesidade de recorrer a queimas.

A empresa adxudicataria do contrato foi Comercial Custodio, de Pontevedra, que esta mañá trasladou a máquina ata Valga. No campo de fútbol vello de Baño realizouse unha primeira proba do seu funcionamento con restos de podas e limpezas forestais. A máquina permite triturar ramas de ata 15 cm de diámetro e ofrece un rendemento de 3’75 toneladas por hora. Está equipada con barra de seguridade, rodillos hidráulicos que impiden os movementos laterais perigosos e conta con remolque con rodas para facilitar o seu transporte.

No marco do mesmo contrato, a adxudicataria ofertou como mellora a entrega de seis minitrituradoras coas que se porá en marcha un servizo de préstamo aos veciños que participan no programa de compostaxe para que poidan moer restos procedentes de podas e cortas domésticas.

TrituradoraBiomasa2 Minitrituradora

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver